QUEN SOMOS

• A ONG LENA é unha organización non gubernamental para o desenvolvemento, sen ánimo de lucro e laica, que ten como obxectivo principal colaborar no proxecto educativo que a ONG Graos de Luz e Griô (1º Premio en Educación e Paticipación Itaú-Unicef 2003), promove na cidade de Lençois-Bahía (Brasil).
• A ONG LENA nace no ano 2006 despois dun encontro entre un grupo de persoas de Narón con educadores/as, nenos/as e adolescentes da ONG Graos de Luz e Griô.
• A ONG LENA constitúese co fin prioritario de contribuir na educación de nenos, nenas e adolescentes con necesidades severas, tanto materias como afectivas e psicolóxicas, co fin de ofrecerlles unha perspectiva de futuro.
• A ONG LENA ten como obxectivo impulsar cambios importantes na erradicación da inxustiza e a desigualdade, e como instrumento na Educación para a Paz e a Solidariedade.
• A ONG LENA finánciase coas contribucións de socias e socios, coas diversas actividades organizadas desde a propia ONG e coas subvencións que institucións e organismos públicos e privados poidan aportar.

Advertisements
%d bloggers like this: