16ª Edición Xogos Solidarios ONG Lena. Sábado 4 de Outubro de 2014

CARTELXOGOS1 setembro 2014 (2)

Unha vez máis queremos encher  un espazo público de participación e solidariedade.

Por iso convidámosche a acudir á 16ª edición dos xogos solidarios ONG Lena  que terá lugar o vindeiro sábado día 4 de outubro, a partir das 16:30 horas, na Praza de Galicia de Narón.

Haberá xogos para todas as idades:

Brilé, pano, chapa, corda….  tiro de corda, zancos, aros, carreira de sacos……, baloncesto 3X3, patinaxe sobre rodas, futbolín, tiro con arco….., xogos infantís e un obradoiro onde poderás construir o teu propio xoguete.

Ao remate da xornada, alá polas 19:00 horas, entregaremos agasallos aos participantes. Para esto será preciso inscribirse previamente nas mesas instaladas nas inmediacións do auditorio ata as 18:00 horas.

NON FALTES!

VÉN  XOGAR CONNOSCO!

Nesta edición levaremos a cabo unha recollida de alimentos a favor do Centro de Recursos Solidarios de Narón.

En caso de choiva estaremos no Pavillón da Mocidade da Gándara.

Os nosos colaboradores:

LOGO%2~1deportescadenadialimages IMG-20140515-WA0022logo muiño do fabalLOGO_NARON_TRANSPARENTE

Xogos Solidarios ONG LENA o sábado 24 de maio na Praza de Galicia

IMG-20140519-WA0000

Unha vez máis queremos encher  un espazo público de participación e solidariedade.

Por iso convidámosche a acudir á 15ª edición dos xogos solidarios ONG Lena  que terá lugar o vindeiro sábado día 24 de maio, a partir das 16:30 horas, na Praza de Galicia de Narón.

Haberá xogos para todas as idades:

Brilé, pano, chapa, corda….  tiro de corda, zancos, aros, carreira de sacos……, baloncesto 3X3, patinaxe sobre rodas, futbolín….., xogos infantís e un obradoiro onde poderás construir o teu propio xoguete.

Ao remate da xornada, alá polas 19:00 horas, entregaremos agasallos aos participantes. Para esto será preciso inscribirse previamente nas mesas instaladas nas inmediacións do auditorio ata as 18:00 horas.

NON FALTES!

VÉN  XOGAR CONNOSCO!

Nesta edición levaremos a cabo unha recollida de alimentos a favor do Centro de Recursos Solidarios de Narón.

En caso de choiva estaremos no Pavillón da Mocidade da Gándara.

Os nosos colaboradores:

naron deportes DepCor_cor_vert cadenadial images logo muiño do fabal IMG-20140515-WA0022 Mercadona

Certame Intercentros Concello de Narón

Un ano máis desde a ONG LENA promovemos a participación dos escolares de Lençois no Certame Intercentros, organizado polo Concello de Narón e no que participan tódolos centros educativos do municipio. A finalidade deste certame é conmemorar o Día das Letras Galegas, exaltar a nosa lingua, fomentar a súa normalización e amosar a nosa cultura e a nosa realidade.

A participación dos escolares de Lençois, promovida desde a nosa entidade, pretende amosar outras realidades existentes en países menos desenvolvidos, conscientes da importancia do coñecemento doutras culturas, fomentando así un intercambio solidario entre escolares de Narón e doutros países.

Podes ver os traballos realizados tanto nas escolas municipais como nos distintos obradoiros que realiza a asociación Grãos de Luz e Griô na exposición que ata o día 17 de maio permanecerá no Pazo da Cultura de Narón.

20140505_20583620140505_205748

20140505_205823

8º FESTIVAL SOLIDARIO ONG LENA

Imagen

A ONG LENA de Narón, celebra o sábado día 21 de decembro ás 20:00, no Pazo da Cultura, a oitava edición do Festival Solidario Ong Lena.

Trátase dun espectáculo que combina representacións teatrais e actuacións musicais e de danza, na que participarán solidariamente actores e actrices de primeiro orden, que crean espectáculos exclusivos para este festival.

 As entradas, a un prezo de 8 euros, están á venda na billeteira do Pazo da Cultura de Narón, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30 horas.

Ricardo de Barreiro,  será o encargado de presentar a gala, que comezará ás 20:00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media. A parte musical e coreográfica virá da man da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura, o Grupo de Danza Tradicional Alxibeira, o Club de Ximnasia Rítmica Acordes e os alumnos e alumnas de Bailes de Salón.

No apartado teatral contaremos coas actuacións de Paula Carballeira e Avelino González.

A totalidade do recadado neste Festival Solidario destinarase integramente a financiar o proxecto educativo co que a ONG Lena colabora na cidade de Lençois (Bahia-Brasil).

A Ong Lena no IES Terra de Trasancos

A Ong Lena no IES Terra de Trasancos

O alumnado de Iniciativas Emprendedoras do IES Terra de Trasancos, ten instalada na entrada do centro educativo unha exposición e venta de materiais da Ong Lena e da Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña. Esta exposición permanecerá ata o 19 de decembro.

Moitas grazas por ternos axudado a difundir o noso traballo.

DÍA DE NARÓN

Algo máis de 100 quilos de alimentos obtivemos na campaña de recollida que realizamos no día de onte na carpa instalada na praza de Galicia para celebrar o día de Narón. A última hora da tarde, dous traballadores do centro de recursos recolleron estes alimentos para a súa distribución. Unha vez máis os veciños e veciñas de Narón deron mostra da súa solidariedade. Moitísimas grazas a todas e a todos.

IMGP6259

Algunhas fotos da xornada, na que ademais presentamos o noso calendario solidario para o ano 2014.

 

 

 

 

23 N – RECOLLIDA DE ALIMENTOS

NINGÚN NENO/A SEN ALMORZO

O sábado 23 de novembro de 11.30 a 14.00 e de 16:00 ás 20:00 horas, a ONG LENA participará nas actividades organizadas polo concello, na praza da Galicia, para celebrar o Día de Narón.

Estaremos na carpa alí instalada,  achegando á cidadanía diverso material relacionado co noso traballo na cidade de Lençois en Brasil.

Ademais, tendo presente a difícil situación económica pola que están pasando moitos veciños e veciñas da nosa comarca, realizaremos unha recollida de alimentos para o Centro de Recursos Solidario de Narón.

Todos aqueles que vos acheguedes á praza, poderedes colaborar aportando leite, galletas, cacao….. ou calquera outro alimento non perecedoiro (aceite, legumes, conservas…), incidindo nestes alimentos tan básicos para contribuír a que ningún neno ou nena saia para a escola sen almorzo.

Ademais terás a oportunidade de mercar o noso calendario ONG LENA 2014, polo módico prezo de 3 €.

Calendario portada

14ª Edición Xogos Solidarios ONG Lena. Sábado 21 de Setembro

cartel xogos setembro 2013

Unha vez máis queremos encher  un espazo público de participación e solidariedade.

Por iso convidámosche a acudir á 14ª edición dos xogos solidarios ONG Lena  que terá lugar o vindeiro sábado día 21 de setembro, a partir das 16:30 horas, na Praza de Galicia de Narón.

Haberá xogos para todas as idades:

Brilé, pano, chapa, corda….  tiro de corda, zancos, aros, carreira de sacos……, baloncesto 3X3, futbolín….., tiro con arco, xogos infantís e un obradoiro onde poderás construir o teu propio xoguete.

Ao remate da xornada, alá polas 19:00 horas, entregaremos agasallos aos participantes.

NON FALTES!

VÉN  XOGAR CONNOSCO!

En caso de choiva estaremos no Pavillón da Mocidade da Gándara.

Os nosos colaboradores:

LOGO%2~1         DepCor_cor_vert       logo muiño do fabal      LOGO_NARON_TRANSPARENTE      Mercadona       cadenadial

imagesSin título

Resumo 13ª Xornada de Xogos Solidarios ONG Lena

portada diario xogos2Case 500 persoas dos distintos barrios de Narón e comarca participaron nesta nova edición dos xogos solidarios que realizamos o sábado día 25 de maio na Praza de Galicia de Narón.

A corda, o brilé, zancos, aros, chapas, tiro  de corda, diábolos, futbolín ….. mantivéronos xogando durante máis de tres horas. O obradoiro de xoguetes, como en anteriores ocasións, tivo moita actividade durante toda a tarde,  os nenos e nenas  que alí se achegaron puideron construír o seu propio xoguete.

Ao remate,  como en edicións anteriores, repartimos agasallos aos participantes.

GRAZAS a todas e a todos pois  coa vosa asistencia fixestes posible esta xornada e, moi especialmente, ás voluntarias e voluntarios que participaron na organización, e ás  diversas entidades privadas e públicas que colaboraron con esta xornada:

O Muiño do Fabal, La Caixa, Mercadona, Cadena Dial e a Concellería da Mocidade do Concello de Narón

Xogos Solidarios ONG LENA o sábado 25 de maio na Praza de Galicia

cartel xogos maio 2013

Unha vez máis queremos encher  un espazo público de participación e solidariedade.

Por iso convidámosche a acudir á 13ª edición dos xogos solidarios ONG Lena  que terá lugar o vindeiro sábado día 25 de maio, a partir das 16:30 horas, na Praza de Galicia de Narón.

Haberá xogos para todas as idades:

Brilé, pano, chapa, corda….  tiro de corda, zancos, aros, carreira de sacos……, baloncesto 3X3, futbolín….., xogos infantís e un obradoiro onde poderás construir o teu propio xoguete.

Ao remate da xornada, alá polas 19:00 horas, entregaremos agasallos aos participantes.

NON FALTES!

VÉN  XOGAR CONNOSCO!

En caso de choiva estaremos no Pavillón da Mocidade da Gándara.

Os nosos colaboradores:

naronimageslogo muiño do fabal

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 234 segidores