ENCONTRO DE NARRADORES EN NARÓN

Márçio Caires (Velho Griô), fundador e coordinador da Asociación Grãos de Luz e Griô, coa que a ONG Lena colabora en Lençois (Bahia-Brasil), vai participar no  Festival Internacional de Narración Oral “Conta con Narón” que terá lugar os días 13 e 14 de xaneiro.

 

Velho Griô contando historias na comunidade do Remanso

O Velho Griô é un educador aprendiz, alegre e afectivo, que canta e conta historias da cultura da cidade de Lençóis, no Brasil, inspirado na tradición oral das raíces afro-indíxenas, en rodas de vivencias, músicas e danzas que sensibilizan e integran a escola e a comunidade. Velho porque vello é o símbolo da sabedoría da vida, e Griô, porque representa unha figura do noroeste da África, que camiña entre comunidades aprendendo e ensinando a cultura da rexión. Cando o Griô conta e canta, as persoas se recoñecen, porque el fala dos avós, bisavós que conectan a historia e a vida daquel pobo, as súas loitas, a súa poesía, os seus mitos e glorias. O proxecto do Grãos de Luz e Griô trouxo dos campos da África para os campos da Bahia o Griô, que chega camiñando por sorpresa a cada comunidade e escola, reverenciando aos vellos, cantando, bailando e brincando na roda, contando historias e mitos con as crianzas e adolescentes, nais, pais, avós, educadores,. ….. todas as idades na Roda da Vida.

O venres día 13 de xaneiro, o Velho Griô  fará a súa presentación na Biblioteca Municipal de Narón, ás 18:00 horas. Entrada de balde.

O sábado día 14 de xaneiro, ás 20:00 horas, poderemos escoitalo no Pazo da Cultura, xunto cos demais narradores que participan no encontro.

Programa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.