Festival Solidario ONG LENA o día 22 de decembro no Pazo da Cultura de Narón.

 
 
O xoves 22 de decembro, ás 20:30 horas, no Pazo da Cultura de Narón, terá lugar a sétima edición do festival solidario ONG LENA. O prezo da entrada é de 8 € e poderás mercala na billeteira do Pazo de luns a venres en horario de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00.
 
Nesta edición temos o privilexio de contar coa especial colaboración de recoñecidos actores e actrices do panorama teatral e televisivo, tanto a nivel galego como estatal.
 
Rober Bodegas
Quico Cadaval
Iolanda Muíños e Camila Bossa
Mago Martín e
Flor Maceiras, que será a encargada de presentar a gala.
 
 
Ademais contaremos coa participación da Banda de Gaitas e do Grupo de Baile Tradicional Alxibeira do Padroado de Cultura do Concello de Narón, un grupo de Bailes de Salón das escolas do Padroado e o Club de Ximnasia Rítmica “Acordes”.
 
A totalidade do recadado destinarase integramente ás reformas que con urxencia precisan as instalacións que a nosa contraparte Grãos de Luz e Griô utiliza para o desenvolvemento da totalidade da súa actividade.
 
 Non podes faltar, o divertimento está asegurado.
                        Podes mercar xa  a túa entrada.
                                          Agardámoste.
 
 
Colaboran:
 
Catering Caranza – Pazo Libunca – Viaxes Narón – Padroado de Cultura – Concello de Narón – Deputación da Coruña
 
 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.