Preto das 500 persoas dos distintos lugares de Narón e comarca participaron na 10ª edición dos xogos solidarios que realizamos o sábado día 24 de setembro na Praza de Galicia de Narón.
A corda, o brilé, o pano, zancos, aros, chapas, tiro de corda, diábolos…. baloncesto, futbolín ….. mantivéronos xogando durante máis de tres horas. O obradoiro de construción de enredos, tivo moita actividade durante toda a tarde, os nenos e nenas que alí se achegaron puideron construír o seu propio xoguete. Nesta edición contamos tamén coa colaboración do Club de Tiro con Arco de Narón.
Ao remate, como en edicións anteriores, repartimos a merenda entre os participantes e unha camiseta co logo da ONG LENA.
Un agradecemento a todas e a todos os que coa vosa asistencia fixestes posible esta xornada e, moi especialmente, ás voluntarias e voluntarios que participaron na organización, e como non ás diversas entidades privadas e públicas que financiaron esta xornada:
La Caixa, Intaf, Neodyn, Tecman , Concellería da Mocidade do Concello de Narón
Deseguido, algunhas fotos que recollen distintos momentos da xornada:










