Centos de persoas participaron estes últimos 5 días nas máis de quince actividades programadas na Semana Galega de Mobilización contra a Pobreza. O Teatro contra a Pobreza reuniu persoas de todas as idades nas rúas de Compostela, Lugo, A Coruña, Viana do Bolo e Pontevedra. No blog esixepobrezacero.blogspot.com atoparás vídeos, fotos e pequenas crónicas de todas as actividades!

