O pasado sábado día 13 de xuño tivo lugar no CPI do Feal a 7ª edición da cea solidaria Ong Lena na que 127 persoas sentámonos a cear co propósito de colaborar no proxecto educativo que a ONG Grãos de Luz e Griô desenvolve na cidade de Lençois no estado de Bahía en Brasil e no que a ONG LENA participa dende hai 6 anos.
A festa estivo amenizada polo grupo Jockeys que nos fixo pasar un rato inesquecible e que colaborou solidariamente coa organización.
Agradecer tamén, a todos os establecementos comerciais que colaboraron connosco cedéndonos uns estupendos agasallos que sorteamos entre os/as asistentes á cea. Café-Bar O Cruce (Narón), Catering Caranza (Ferrol), Xoiería Fidalgo (Centro Comercial Narón), Permuferías Noebel (Ferrol), Regalos Duende (Centro Comercial Narón).
Dende aquí queremos facer chegar un especial agradecemento a todos e todas os que, non podendo asistir, colaborastes connosco dende a Mesa Cero. Grazas a todas e a todos por estar aí.
Algunhas fotos….






