
Máis de 300 persoas dos distintos lugares de Narón e comarca inscribíronse para participar nesta 9ª edición dos xogos solidarios que realizamos o pasado sábado día 21 de maio na Praza de Galicia de Narón.
A corda, o brilé, o pano, zancos, aros, chapas, tiro de corda, diábolos…. baloncesto, futbolín ….. mativéronos xogando durante máis de tres horas. O obradoiro de construcción de enredos, tivo muita actividade durante toda a tarde, os nenos e nenas que alí se achegaron poideron construir o seu propio xoguete.
Ao remate, como en edicións anteriores, repartimos a merenda entre os participantes e unha camiseta co logo da ONG LENA.
Un agradecemento todas e a todos os que coa vosa asistencia fixestes posible esta xornada e, moi especialmente, ás voluntarias e voluntarios que participaron na organización, e como non ás diversas entidades privadas e públicas que financiaron esta xornada:
La Caixa, Intaf, Neodyn, Tecman , Concellería da Mocidade do Concello de Narón .
De seguido, algunhas fotos que recollen distintos momentos da xornada:












