
O Certame Intercentros celébrase anualmente e nel participan tódolos centros públicos do concello de Narón, tendo como finalidade celebrar o Día das Letras Galegas, exaltar a nosa lingua, fomentar a súa normalización e amosar a nosa cultura e a nosa realidade.
Desde hai uns anos o certame abriu un novo apartado de participación co que se pretende amosar outras realidades existentes en países menos desenvolvidos, conscientes da importancia do coñecemento doutras culturas, promovendo así un intercambio solidario entre escolares de Narón e doutros países.
Un ano máis desde LENA promovemos a participación dos escolares de Lençois neste certame. Podes ver os traballos realizados tanto nas escolas municipais como nos distintos obradoiros que realiza a asociación Grãos de Luz e Griô na exposición que ata o día 12 de maio permanecerá no Pazo da Cultura de Narón.


