SÚMATE AO MANIFESTO “AS PERSOAS PRIMEIRO” E ESIXE AOS GOBERNOS O CUMPRIMENTOS DOS COMPROMISOS DE AOD

9 Xullo 2010 por onglena

 

“As persoas primeiro” é un documento impulsado dende a Coordinadora de ONGD estatal que denuncia os recortes de Axuda Oficial ao Desenvolvemento do goberno español e de executivos autonómicos como a Xunta de Galicia. O texto esixe a rectificación das medidas tomadas ata agora neste sentido e o cumprimento dos compromisos asumidos en materia de cooperación ao desenvolvemento. 

A sinatura do manifesto vos levará menos de dous minutos!

As firmas entregaranse o próximo 17 de outubro, día internacional para a erradicación da pobreza. 

 Para ler o manifesto, pinchar aquí>>>

 Para asinar o manifesto, acceder aquí>>>

XOGOS SOLIDARIOS ONG LENA

30 Maio 2010 por onglena

29 de maio de 2010

 

        Máis de 300 persoas dos distintos lugares de Narón e  comarca isncribíronse para participar na 7ª edición dos xogos solidarios que realizamos o sábado día  29 de maio, na Praza de Galicia.

                  A corda, o brilé, o pano, zancos, aros, chapas, tiro  de corda, diábolos, baloncesto, futbolín …..  mantivéronnos  xogando durante máis de tres horas. Houbo moita participación  no obradoiro de construcción de enredos onde cada un dos participantes poido construir o seu propio xoguete.

            Ao remate repartimos a merenda entre os participantes e unha camiseta co logo da ONG LENA.

            Un agradecemento a todos aqueles que coa vosa asistencia fixestes posible esta xornada e moi especialmente aos voluntarios e voluntarias que participaron  na organización, así como a todas as entidades públicas e privadas que financiaron esta xornada.

          De seguido, algunhas fotos que recollen distintos momentos da xornada:

 

EDITADO O CD “EL FUTURO NACE HOY”

20 Maio 2010 por onglena

Tres versións integran o CD que a ONG LENA ven de editar e que podes mercar por so 3,00 €  no noso local social (Casa da Cultura, 2º andar – Praza de Galicia, s/n – Narón) os martes e xoves de 19:00 a 21:00 h; na Cervecería Plaza (Praza de Galicia) ou no Café-Bar O Cruce (Rotonda de Castro – Narón).

PortadaCD                         ContraCD

El futuro nace hoy, interpretado por todos os artistas que participaron na 1ª gravación.

El futuro nace hoy, interpretado por Marcos Mella.

O futuro nace en nós, versión en galego interpretada por Marcos Mella.

O futuro nace en nós

20 Abril 2010 por onglena

Marcos Mella, autor do tema El Futuro nace hoy, presentou o pasado sábado día 17 de abril, no programa “Eirado” da TVG 2 a versión en galego.

Os dereitos de autor foron cedidos á ONG LENA.

Podedes escoitalo no seguinte enlace no minuto 28:37

Relato das oficinas de Grãos de Luz e Griô

3 Marzo 2010 por onglena

Son moitas as actividades e vivencias dos participantes nas oficinas de Grãos de Luz e Griô. A través deste relato podedes coñecer cada un dos obradoiros e aos seus participantes durante o ano 2009.

OFICINAS GRÃOS DE LUZ E GRIÔ 2009

El futuro nace hoy

24 Febreiro 2010 por onglena

Escrita polo compositor ferrolán Marcos Mella  e gravada solidariamente por varios artistas do panorama musical nacional: Javier Ojeda, Pablo Perea, Sálvarez, Lydia , José María Guzmán, María Toledo, Belén Arjona, Juan de Dios, Carlos Mosquera “Mos”, Fito Mansilla, o coro de voces Concertotempo, Cristina Pato e Joaquín Padilla.

Os dereitos de autor da canción foron doados integramente á ONG LENA.

Festival solidario ONG Lena na TVG

19 Xaneiro 2010 por onglena
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Festival solidario

15 Xaneiro 2010 por onglena